Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Taller de primeiros auxilios emocionais con Adicam

Evento xa rematado

A Asociación de Mulleres Afectadas polo Cancro de mama e xinecolóxico (Adicam) organiza o 14 e 21 de abril un taller de primeiros auxilios emocionais, no que se explicarán ferramentas prácticas para xestionar as emocions no día a día e un que constitúe tamén un espazo para compartir. A actividade será de balde e desenvolverase a partir das 17.30 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu.

A inscrición, que é gratuíta, poderá facerse a través do teléfono 629945925, e haberá servizo de conciliación.

Este taller destínase a mulleres vulnerables, con discapacidade, maiores ou viúvas, con baixos estudos ou inmigrantes.