Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa Protego

O Concello de Bueu e a Asociación Érguete, co financiamento da Xunta de Galicia, poñen en marcha «Protego», un programa de prevención de conductas adictivas, destinado a familias e que se desenvolverá na Biblioteca Municipal Torrente Ballester todos os luns entre o 9 de marzo e o 15 de xuño.

Os destinatarios son nais e pais con fillas/os en preminaria ou secundaria, e o obxectivo é promover a parentalidade positiva nas familias e na mellora das habilidades educativas: comunicación, establecemento de normas e límites, supervisión, fortalecemento dos vínculos entre nais/pais e fillas/os e clarificación da posición familiar respecto ás conductas problemáticas e de risco.

O programa consta de oito sesións, de 90 minutos de duración cada unha, implementado por profesionais do equipo de Prevención da Asociaición Érguete.

As inscricións deberán facerse a través do enderezo electrónico benestarsocial@concellodebueu.gal ou no teléfono 886124816.