Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

III Cross Popular Cabo Udra

Evento xa rematado

A ANPA Cabo Udra, coa co-organización do Concello de Bueu e o Club Corredoiras, organizan o III CROSS POPULAR – CABO UDRA (26º Cross de Beluso), que terá lugar o domingo, día 17 de xuño de 2018, no entorno natural de Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).

No evento haberá unha carreira absoluta de 10 quilómetros, e as categorías de pitufos 3 anos (2013), pitufos 4 anos (2014), pitufos cinco anos (2011), minibenxamín (2009-2010), benxamín (2007-2008), alevín (2005-2006), infantil (2003-2004), cadete (2001-2002), e popular (a partir de 2000).
As inscricións poden facerse a través da páxina web www.prueba-t.es antes do 13 de xuño  ás 23.30 horas. O custe será de 6 euros para a carreira absoluta e popular, e gratuíta no resto de categorías. 

Inscricións aquí

Regulamento III Cross Cabo Udra

Vídeo promocional da proba