Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Gala de entrega dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o 22 de maio a Gala dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo, que terá lugar ás 12 horas no Centro Social do Mar. Co acompañamento da música de Sheila Patricia, o Concello de Bueu entregará os premios a Miguel Sande, gañador este ano na categoría de poesía coa obra Brinde e desespero, e a Antía Yáñez, que se fixo co galardón na categoría de xornalismo coa crónica “A saúde mental en Galicia, en bragas”.