Andaina Solidaria co Parkinson
-
Data
11 abril, 2026
-
Hora
10:30 am - 1:00 pm
-
Concello de Bueu
Rua de Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, Pontevedra
- O evento arrancará ás 10.30 horas dende a contorna da Casa Consistorial e as inscricións teñen un prezo de 10 €
O Concello de Bueu e a Asociación de Parkinson da Provincia de Pontevedra organizan, coa colaboración da Facultade de Fisioterapia da Uvigo, o 11 de abril a primeira Andaina Solidaria co Parkinson, na que se proporá un percorrido circular de tres quilómetros pola senda do río Bispo. A ruta arrancará ás 10.30 horas na Casa do Concello e rematará no mesmo lugar onde se lerá un manifesto con motivo do Día Mundial do Parkinson. para concienciar sobre esta enfermidade neurodexenerativa que afecta a millóns de persoas.
Segundo salientan dende o colectivo, “esta actividade xurdiu con motivo do Día Mundial do Parkinson para visibilizar esta enfermidade, e o obxectivo é continuar en vindeiros anos”.
As persoas que desexen participar poderán inscribirse a través dun formulario dende a web www.parkinsonpontevedra.org cun prezo de 10 euros e no que haberá que indicar o nome e apelidos, o teléfono e o talle de camiseta. O pagamento realizarase por Bizum ao 13312 con aviso por whatsapp ao 647421254. O dorsal e a camiseta poderanse recoller de varias formas: ou ben de luns a venres na sede da asociación en Bueu, na Antiga Casa do Mar, en horario de 9:00 a 13:30 horas ata o 9 de abril; o 10 de abril na Praza de Ourense de Pontevedra de 11.00 a 19.00 horas, ou o mesmo día da andaina, de 10.00 a 10.30 horas no Concello de Bueu.