Convocatoria pleno setembro

A corporación municipal de Bueu celebrará o pleno ordinario o 7 de setembro ás 21.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0007, ordinaria do 06.07.20).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0008, extraordinaria do 11.08.20).
A.2.- Moción do GPM BNG sobre a utilización dos fondos municipais por parte do goberno do estado.
A.3.- Moción do GPM do PP para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais.
A.4.- Moción do GPM do PSdeG-PSOE relativo ao protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.1.- Comunicación da alcaldía a efectos de dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. FASE II DO PROXECTO DE REXENERACIÓN DO ENTORNO DA IGREXA DE ERMELO. Expediente 1030/2020.
B.1.2.- Comunicación da alcaldía a efectos de dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. RESTAURACIÓN DO ESTALEIRO DA BANDA DO RÍO -FASE II-. Expediente 1031/2020.
B.1.3.- Comunicación da alcaldía a efectos de dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. REURBANIZACIÓN INTEGRAL DA RÚA QUE DA ACCESO Á PISCINA CUBERTA MUNICIPAL. Expediente 1900/2020.
B.2.1.- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 1º trimestre 2020. Expediente 1231/2020.
B.2.2.- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 2º trimestre 2020. Expediente 1231/2020.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS