Convocatoria pleno outubro 2021

A corporación municipal de Bueu celebra o 4 de outubro o pleno ordinario, que se poderá seguir a partir das 20.00 horas no Centro Social do Mar ou na canle oficial de YouTube.

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0009, ordinaria do 20.09.21).
A.2- Proposta da alcaldía relativa á modificación da composición da mesa de contratación permanente que asiste ao pleno. Expediente 1094/2018.
A.3.- Moción do GPM do BNG sobre a nova tarifa eléctrica e os custos excesivos da luz.
A.4.- Moción do GPM do PP para rexeitar o sistema de reparto dos fondos Next Generation no eido da mobilidade sostible.
A.5.- Moción do GPM do PP para a actuación na ponte de Trasouto.
A.6.- Moción conxunta dos GPM da corporación municipal en solidariedade con Pablo Costas Villar, mariñeiro de Bueu secuestrado no Iemen durante once meses.

A.7.- Proposta da alcaldía para instar á Xunta de Galicia a destinar fondos Europeos Next Generation para levar a cabo un plan integral de mellora da envolvente dos centros educativos de A Pedra, A Torre e Montemogos.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao Pleno da concesión de subvención ao abeiro do Plan Concellos 2020.Liña 1. Acondicionamento do tramo rural da senda do Rio Bispo. Expediente 1884/2021.
B.2.- Dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. Proxecto de pavimentacion, saneamento e abastecemento do camiño Vello-A Graña. Expediente 1813/2021.
B.3.- Dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. Pavimentación do camiño de Sabarigo». Expediente 2167/2021.
B.4.- Dación de conta ao Pleno da corporación da concesión de subvencións ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. Proxecto de asfaltado de varias rúas no centro urbano de Bueu». Expediente 1831/2021.
B.5.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.6.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS