Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario febreiro 2023

A corporación municipal celebrará o próximo 6 de febreiro unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1. Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0001, ordinaria de data 16.01.2023).
A.2.- Proposta do concelleiro delegado de cultura, patrimonio, medio ambiente e innovación e desenvolvemento tecnolóxico relativa a aprobación definitiva do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do concello de Bueu.
Expediente. 1810/2020.
A.3.- Moción dos GPM do BNG e ACB para instar á xunta de Galicia á sinatura dun convenio de colaboración para a reforma integral do pavillón municipal de Beluso.
A.4.- Moción dos GPM do BNG e ACB para instar á xunta de Galicia a asumir o financiamento do proxecto de renovación integral dos servizos de abastecemento e saneamento na rúa Pazos Fontenla.
A.5.-Moción do GPM do PP contra a violencia machista e para o fomento da igualdade.
A.6.- Moción dos GPM do BNG e ACB para o apoio da corporación ao manifesto da sanidade elaborado en Pontevedra polas alcaldías e grupos municipais da área sanitaria Pontevedra – Salnés e para a mobilización xunto a SOS Sanidade Pública.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.-Dación de conta do Informe sobre morosidade e periodo medio de pagamento relativo ao 3º e 4º trimestre do exercicio 2022. Expediente 1005/2022.
B.2.- Informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 4º Trimestre do 2022.Expediente 360/2023.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS