Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario maio 2024

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo luns, 13 de maio, un pleno extraordinario que terá lugar ás 9.00 horas no salón de plenos, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle municipal de YouTube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0005, extraordinaria do 08.04.2024).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 1/2024. Expediente 51/2024.
A.3.- Sorteo para a composición das mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento Europeo a celebrar o 9 de xuño de 2024.