Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos deportivos da tempada de bateis

  • Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis

O Concello de Bueu organizou esta tarde un recibimento oficial ao equipo alevín masculino do Club do Mar Bueu- Simei, que colleitaron un 6º posto no LXXXI Campionato de España de Bateis, celebrado en A Pobra do Caramiñal hai dúas fins de semanas, despois de proclamarse campións do campionato galego. O acto celebrouse no salón de plenos da Casa Consistorial, e nel o alcalde e concelleiros e concelleiras da corporación entregaron uns diplomas aos cativos.

Félix Juncal, alcalde da vila, desexoulles que “oxalá sigades vivindo o deporte con ilusión e paixón, e que aproveitedes para celebrar, porque chegar aquí non é doado”.

Os remeiros integrantes do equipo alevín masculino do Club do Mar Bueu aos que se recibiron son Noel Santomé Otero, Darío Moledo Buceta, Bruno Fuentes Malvido, Carlos Iglesias Dos Santos, Iván Rodríguez Juncal, Anxo Novas Loira, Iago Comesaña Leal, Daniel Vilas Chantada, Pepe Freire Couto, Senèn Simes Portas. Ademais, eles viñeron acompañados das rapazas integrantes do equipo feminino.