Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu mostra a repulsa ante o feminicidio de Jéssica Méndez

  • Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, deu lectura na concentración feminista deste mércores ao manifesto da Marcha Mundial das Mulleres

A veciñanza de Bueu concentrouse este mediodía, 23 de marzo, na Praza do Concello para mostrar a súa repulsa polo feminicidio de Jéssica Méndez acontecido este luns en Barro. Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, foi a encargada de ler o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, no que se reivindica que “temos a obriga de organizarnos fronte a quen quere destruírnos, construír discursos inclusivos en todos os ámbitos nos que participamos, porque somos feministas o ano todo, porque sen organización e sen loita non hai dereitos para as mulleres”, e se esixe que “dunha vez por todas se faga unha cobertura dos feminicidios con perspectiva de xénero, que se aborde desde idades temperás a violencia machista, que se combatan os estereotipos, que se cuestione o poder”.

No acto, organizado pola concellaría de igualdade, tamén participaron concelleiros e concelleiras da corporación, así como persoal municipal.