Concelleira: Silvia Carballo González
- Información departamento: Manuela Millán Otero (986 32 46 25)
omic@concellodebueu.gal
Rúa de Eduardo Vincenti, nº2
¿Que é a Omic?
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, é un servizo de carácter público e gratuíto, que depende da Concellería de Promoción Económica do Concello de Bueu.
Foi creada o 13 de Novembro de 2010, e dende entón vén prestando un servizo de información e orientación para os consumidores/as e usuarios/as, así como de mediación nos conflitos que se presentan en materia de Consumo.
¿Cales son as súas funcións?
- Ofrece información, axuda e orientación ós consumidores/as.
- Encárgase da recepción, tramitación e mediación das reclamacións que se presenten directamente polo consumidor/a ou que lle sexan remitidas por outras Oficinas de Información ó Consumidor ou Asociacións de Consumidores.
- Fomentar a educación e a formación dos consumidores/as.
- Colabora con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos consumidores/as.
- Remite á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia aquelas reclamacións nas que non se consegue un acordo mediador.
En xeral, realiza calquera función que contribúa á protección dos consumidores.
Recomendacións antes de reclamar:
- Antes de reclamar asegúrese de que a súa reclamación corresponde a feitos certos e comprobados.
- Intente sempre resolver o problema de forma amistosa co vendedor ou prestador do servizo antes de efectuar unha reclamación, acuda antes ó servizo de Atención ó Cliente das empresas.
- Garde sempre copia de tódolos documentos que teña asinado e esixa factura de compra. (lembre que é necesario un xustificante para demostrar a compra ou prestación dun servizo).
- En tódalas comunicacións co vendedor ou prestador do servizo, utilice medios que deixen constancia do envío: fax, burofax, telegrama, e-mail ou solicite o número de incidencia da chamada.
- Facilite sempre un prazo de 30 días ao vendedor ou prestador de servizos para que responda a súa reclamación.