Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo de licitación da obra de mellora das beirarrúas do Polígono de Castiñeiras

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para que as empresas interesadas presenten as ofertas para as obras de mellora das beirarrúas do Polígono de Castiñeiras. O proxecto, que conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego Industria, está valorado nun orzamento total de 92.871,07 euros, pretende acometer a reforma destes espazos que se atopan moi deteriorados e que abranguen unha lonxitude total de 2023,5 metros.

O prazo de presentación das ofertas abrangue ata o 7 de agosto e soamente poderá facerse de forma telemática. A Consellería de Industria financiará este proxecto que mellorará a seguridade vial e a accesibilidade. A primeira actuación consiste na renovación das beirarrúas, nas que se dá un uso intenso e a presenza de maleza nos espazos baleiros entre as naves. E a segunda delimitará unha especie de senda peonil a cada lado da EP-1301, a estrada que atravesa o polígono de Castiñeiras.