Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello abre o prazo para a selección de arquitecto superior en comisión de servizos

O Concello de Bueu abre o prazo para a selección de arquitecto superior en comisión de servizos. As persoas interesadas poderán presentar solicitudes desde o luns ata o 19 de agosto, mediante a achega da instancia incluída nas bases do procedemento.

Entre as súas funcións están as relativas ás obras públicas, ordenación do territorio, urbanismo, vivenda, patrimonio e medio ambiente, mediante a emisión de informes, memorias, proxectos, valoracións, orzamentos, asesoramento, inspección urbanística, direccións de obras etc. O prazo de duración máxima da comisión de servizos será de un ano, coa posibilidade de prórroga por un ano máis; en todo caso, a relación funcionaria co concello cesará, cando o correspondente posto de traballo sexa cuberto interinamente ou con carácter definitivo.

En canto ao procedemento de selección, as bases establecen que será mediante a realización dunha entrevista persoal, tras a que a Comisión de Valoración emitirá un informe e nomearase por parte do alcalde ao correspondente arquitecto.

As bases completas poden verse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Bueu.