Agora en Bueu
Imáxes de actualidade
🐙 Este martes recibimos unha visita moi especial!
Un grupo de nenos e nenas do CEIP A Pedra infantil achegáronse ata a zona da Banda do Río para coñecer a escultura que reivindica a nosa historia mariñeira e que foi deseñada polo artista local Luis Davila O Bichero.
No acto participaron Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e o propio artista, que tiveron a oportunidade de conversar con máis pequenos e pequenas e explicarlle a xénese desta obra de arte.
Aquí vos deixamos unhas fotiños desta mañá 📸📸
Feb 4
![🐙 Este martes recibimos unha visita moi especial!
Un grupo de nenos e nenas do CEIP A Pedra infantil achegáronse ata a zona da Banda do Río para coñecer a escultura que reivindica a nosa historia mariñeira e que foi deseñada polo artista local Luis Davila O Bichero.
No acto participaron Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e o propio artista, que tiveron a oportunidade de conversar con máis pequenos e pequenas e explicarlle a xénese desta obra de arte.
Aquí vos deixamos unhas fotiños desta mañá 📸📸](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
📣 PLAN DE ACTIVACIÓN DE EMPREGO 2025
O Concello de Bueu presenta a relación de ocupacións que se solicitarán no marco do Plan de Activación de Emprego 2025 da Deputación de Pontevedra.
As persoas que desexen participar no proceso selectivo terán que estar apuntadas cos códigos que se indican a continuación no Servizo Público de Emprego Estatal.
Os contratos terán unha duración de 6 meses e unha xornada de 35 horas semanais.
Toda a info na nosa web ⬇️
https://concellodebueu.gal/listaxe-de-ocupacions-do-plan-de-activacion-de-emprego-2025/
Ene 31
![📣 PLAN DE ACTIVACIÓN DE EMPREGO 2025
O Concello de Bueu presenta a relación de ocupacións que se solicitarán no marco do Plan de Activación de Emprego 2025 da Deputación de Pontevedra.
As persoas que desexen participar no proceso selectivo terán que estar apuntadas cos códigos que se indican a continuación no Servizo Público de Emprego Estatal.
Os contratos terán unha duración de 6 meses e unha xornada de 35 horas semanais.
Toda a info na nosa web ⬇️
https://concellodebueu.gal/listaxe-de-ocupacions-do-plan-de-activacion-de-emprego-2025/](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
📢 🧠 ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS OBRADOIROS DE MEMORIA E ENVELLECEMENTO ACTIVO
▪️ O Concello de Bueu arrancará en febreiro un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores, un proxecto que se insire no marco do plan anual de fomento das políticas sociais activas e que goza de moito éxito.
▪️ Dende o Departamento de Benestar Social anuncian que o prazo de inscrición estará aberto do 22 ao 28 de xaneiro, ámbolos dous días incluídos. Os obradoiros serán impartidos polos centros de día da vila, Contigo e Pescadoira, e pola Asociación de Apoio a Familias con Alzhéimer (AFAMO), e neles propoñeranse diversas actividades de xeito gratuíto.
Tedes toda a info na nosa web ⬇️⬇️
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-abre-as-inscricions-para-os-obradoiros-de-memoria-e-envellecemento-activo/
Ene 21
![📢 🧠 ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS OBRADOIROS DE MEMORIA E ENVELLECEMENTO ACTIVO
▪️ O Concello de Bueu arrancará en febreiro un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores, un proxecto que se insire no marco do plan anual de fomento das políticas sociais activas e que goza de moito éxito.
▪️ Dende o Departamento de Benestar Social anuncian que o prazo de inscrición estará aberto do 22 ao 28 de xaneiro, ámbolos dous días incluídos. Os obradoiros serán impartidos polos centros de día da vila, Contigo e Pescadoira, e pola Asociación de Apoio a Familias con Alzhéimer (AFAMO), e neles propoñeranse diversas actividades de xeito gratuíto.
Tedes toda a info na nosa web ⬇️⬇️
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-abre-as-inscricions-para-os-obradoiros-de-memoria-e-envellecemento-activo/](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
🌟🎄 ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO II CONCURSO DE DECORACIÓN `BUEU, SENTE O NADAL`
▪️ O Concello de Bueu organizou este luns ao mediodía un acto polo II Certame de Decoración de Nadal, no que se entregaron os premios ás persoas gañadoras, consistentes en vales para o comercio local.
▪️ Carmen García, concelleira de cultura, destacou “a calidade e a cantidade das propostas presentadas nesta segunda edición do certame que continuaremos convocando en próximos anos”.
▪️ Pola súa banda, Félix Juncal, alcalde da vila, agradeceu aos e ás participantes e fixo unha mención especial á veciñanza do barrio de Sar, na parroquia de Beluso, “pois tomaron a iniciativa para decorar todo o barrio e, máis alá do espírito de Nadal, fomentaron a relación entre as persoas da aldeas que se está perdendo nos últimos anos”.
Na nosa web tedes a nova coa información completa ⬇️⬇️
https://concellodebueu.gal/o-concello-entregou-os-premios-do-ii-certame-de-decoracion-bueu-sente-o-nadal/
Ene 20
![🌟🎄 ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO II CONCURSO DE DECORACIÓN 'BUEU, SENTE O NADAL'
▪️ O Concello de Bueu organizou este luns ao mediodía un acto polo II Certame de Decoración de Nadal, no que se entregaron os premios ás persoas gañadoras, consistentes en vales para o comercio local.
▪️ Carmen García, concelleira de cultura, destacou “a calidade e a cantidade das propostas presentadas nesta segunda edición do certame que continuaremos convocando en próximos anos”.
▪️ Pola súa banda, Félix Juncal, alcalde da vila, agradeceu aos e ás participantes e fixo unha mención especial á veciñanza do barrio de Sar, na parroquia de Beluso, “pois tomaron a iniciativa para decorar todo o barrio e, máis alá do espírito de Nadal, fomentaron a relación entre as persoas da aldeas que se está perdendo nos últimos anos”.
Na nosa web tedes a nova coa información completa ⬇️⬇️
https://concellodebueu.gal/o-concello-entregou-os-premios-do-ii-certame-de-decoracion-bueu-sente-o-nadal/](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
🌟🎄 Onte decidimos as propostas gañadoras do II Concurso de Decoración `Bueu, sente o Nadal`, e aquí volas presentamos para que as vexades!!
Presentáronse 33 traballos, e seleccionamos tres en cada categoría: individual, colectiva e escaparates.
Accede á noticia completa na nosa web:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-anuncia-os-ganadores-do-ii-concurso-de-decoracion-bueu-sente-o-nadal/
Ene 16
![🌟🎄 Onte decidimos as propostas gañadoras do II Concurso de Decoración 'Bueu, sente o Nadal', e aquí volas presentamos para que as vexades!!
Presentáronse 33 traballos, e seleccionamos tres en cada categoría: individual, colectiva e escaparates.
Accede á noticia completa na nosa web:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-anuncia-os-ganadores-do-ii-concurso-de-decoracion-bueu-sente-o-nadal/](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
📚 VISITA DO CEIP DA TORRE CELA Á BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu, que recentemente vén de rematar as obras de mellora e ampliación, recibiu este mércores a visita de varios grupos do CEIP Plurilingüe A Torre Cela. O bibliotecario municipal acompañou á cativada aos diversos espazos dende o andar inferior, co salón de actos, ata as outras salas como o espazo para o arquivo, a aula infantil, o depósito de libros e a terraza exterior na que se sitúan as placas solares.
Na visita estiveron presentes tamén Carmen García, concelleira de cultura e infancia e mocidade, e Alberto Moital, edil de patrimonio.
Ene 15
![📚 VISITA DO CEIP DA TORRE CELA Á BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu, que recentemente vén de rematar as obras de mellora e ampliación, recibiu este mércores a visita de varios grupos do CEIP Plurilingüe A Torre Cela. O bibliotecario municipal acompañou á cativada aos diversos espazos dende o andar inferior, co salón de actos, ata as outras salas como o espazo para o arquivo, a aula infantil, o depósito de libros e a terraza exterior na que se sitúan as placas solares.
Na visita estiveron presentes tamén Carmen García, concelleira de cultura e infancia e mocidade, e Alberto Moital, edil de patrimonio.](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
🎄 II CERTAME DECORACIÓN DE NADAL-PROPOSTAS GAÑADORAS
☑️ O Concello de Bueu reuniu este mércores, 15 de xaneiro, ao xurado do II Certame de decoración ‘Bueu, sente o Nadal’ e elixiu as propostas gañadoras nas categorías de individual, colectiva e de escaparates comerciais e hostalaría.
☑️ O salón de plenos foi o espazo elixido para a xuntanza do xurado cualificador, que estivo composto por Carmen García, concelleira de cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Alberto Moital, edil de patrimonio.
Na nosa web tedes toda a información e as propostas gañadoras con fotos.
GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!
Ene 15
![🎄 II CERTAME DECORACIÓN DE NADAL-PROPOSTAS GAÑADORAS
☑️ O Concello de Bueu reuniu este mércores, 15 de xaneiro, ao xurado do II Certame de decoración ‘Bueu, sente o Nadal’ e elixiu as propostas gañadoras nas categorías de individual, colectiva e de escaparates comerciais e hostalaría.
☑️ O salón de plenos foi o espazo elixido para a xuntanza do xurado cualificador, que estivo composto por Carmen García, concelleira de cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Alberto Moital, edil de patrimonio.
Na nosa web tedes toda a información e as propostas gañadoras con fotos.
GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
📖 Dende a Asociación PineirOns fixeron unha doazón de todo o fondo das revistas Aunios, que a partir de agora estarán a disposición de todas as persoas que as queiran ler e consultar.
Tino Pardellas, presidente do colectivo, fíxolle entrega ao bibliotecario municipal e 🙏 dende aquí queremos agradecerlle o seu xesto para que a nosa biblioteca sigan contando con propostas sobre a historia e a cultura local.
Ene 9
![📖 Dende a Asociación PineirOns fixeron unha doazón de todo o fondo das revistas Aunios, que a partir de agora estarán a disposición de todas as persoas que as queiran ler e consultar.
Tino Pardellas, presidente do colectivo, fíxolle entrega ao bibliotecario municipal e 🙏 dende aquí queremos agradecerlle o seu xesto para que a nosa biblioteca sigan contando con propostas sobre a historia e a cultura local.](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
👑 Aínda coa chuvia ameazante, os Reis Magos visitaron a vila de Bueu. O sábado 4 pasearon á tarde polas rúas do casco urbano acompañados de música e de animación, e o domingo tiveron un recibimento no Centro Social do Mar.
Agardamos que gozarades da xornada!
Aquí un breve resumiño en 📸📸 do que foi este día tan especial para a cativada!
Ene 8
![👑 Aínda coa chuvia ameazante, os Reis Magos visitaron a vila de Bueu. O sábado 4 pasearon á tarde polas rúas do casco urbano acompañados de música e de animación, e o domingo tiveron un recibimento no Centro Social do Mar.
Agardamos que gozarades da xornada!
Aquí un breve resumiño en 📸📸 do que foi este día tan especial para a cativada!](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
😍 En Bueu recibimos a visita do Apalpador, que veu dende as montañas luguesas para desexarnos un bo Nadal e para transmitir valores fermosos.
Visitou a Escola Infantil Galiña Azul e andou polas rúas da vila onde o acompañou a cativada e as persoas máis adultas.
Aquí un breve resumo en 📸📸
Dic 26
![😍 En Bueu recibimos a visita do Apalpador, que veu dende as montañas luguesas para desexarnos un bo Nadal e para transmitir valores fermosos.
Visitou a Escola Infantil Galiña Azul e andou polas rúas da vila onde o acompañou a cativada e as persoas máis adultas.
Aquí un breve resumo en 📸📸](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
📚🎨 O pasado venres, os nenos e nenas do CEIP A Pedra infantil visitaron a Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu. Alí puideron coñecer as dependencias da recentemente reformada biblioteca e concretamente da aula infantil, onde realizaron xogos de Nadal.
O noso bibliotecario tamén aproveitou a oportunidade para entregarlles información da biblioteca e unha carta para escribir aos Reis Magos.
Que bonita experiencia que a biblioteca sexa un espazo para compartir entre todas as idades, especialmente as máis miúdas!
Dic 23
![📚🎨 O pasado venres, os nenos e nenas do CEIP A Pedra infantil visitaron a Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu. Alí puideron coñecer as dependencias da recentemente reformada biblioteca e concretamente da aula infantil, onde realizaron xogos de Nadal.
O noso bibliotecario tamén aproveitou a oportunidade para entregarlles información da biblioteca e unha carta para escribir aos Reis Magos.
Que bonita experiencia que a biblioteca sexa un espazo para compartir entre todas as idades, especialmente as máis miúdas!](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)
🌟🎨 Obradoiros de Nadal
A carpa de As Lagoas acolleu o sábado uns obradoiros de Nadal co artista Tino Resille, no que os nenos e nenas participantes deseñaron obras de arte fermosas e con bos desexos para estas datas.
👉 Hoxe e mañá continúan na carpa os obradoiros, e convidámosvos a participar. O horario é de 11 a 13 horas hoxe, e de 10 a 12 horas mañá!
Dic 23
![🌟🎨 Obradoiros de Nadal
A carpa de As Lagoas acolleu o sábado uns obradoiros de Nadal co artista Tino Resille, no que os nenos e nenas participantes deseñaron obras de arte fermosas e con bos desexos para estas datas.
👉 Hoxe e mañá continúan na carpa os obradoiros, e convidámosvos a participar. O horario é de 11 a 13 horas hoxe, e de 10 a 12 horas mañá!](https://concellodebueu.gal/wp-content/plugins/instagram-feed-pro/img/placeholder.png)