Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

I Festival Internacional de Jazz de Bueu

Evento xa rematado

A Asociación de Jazz de Bueu organiza o I Festival de Jazz de Bueu que se celebrará do 7 ao 10 de xuño en diversas localizacións da vila morracense.

Consistirá en diversas actividades, cinco concertos, e dúas jam sessions. A participación internacional será dun 11%, con músicos de tres nacionalidades, o baterista iraní Shayan Fathi, o baixista holandés Felix Barth e o saxofonista italiano Rosollino Marinello. Outro 11% son de diferentes comunidades da Península, dando especial protagonismo aos músicos galegos, que suporán o 78% dos participantes do festival.

PROGRAMACIÓN (RESUMO)
Jazz na Banda (21:00h)
07/06/2018 Antonio Otero Cuarteto (O Farol)
Concertos Centrais Auditorio do Centro Social do Mar (22:00h)
08/06/2018 Virxilio da Silva presentando JUZZ
09/06/2018 Antonio Lizana Group
Jazz de Mediodía (13:00h)
08/06/2018 M.G.V. Trío (Leña Verde)
10/06/2018 Pablo Sanmamed Trío (La Perfecta)
Jam Sessions (00:00h)
08/06/2018 Felipe Villar Trío (B_Living)
09/06/2018 Sunil López Cuarteto (Aturuxo Bar)
PROGRAMACIÓN (DETALLADO)
JAZZ NA BANDA
Antonio Otero Cuarteto
Xoves 7 de Xuño. 21:00h. O Farol
Antonio Otero, cantante e saxofonista lucense, solicitadísimo dentro
do panorama do jazz galego, un auténtico jazzman que presenta un
espectáculo vibrante, cheo de swing e bo humor.
Forma parte de varios proxectos como The Alley Stompers, The
Swinging Flamingos, Cats and Monkeys, Gallaecia Big Band e Orquesta de
Jazz de Galicia.
Nesta ocasión preséntase en Bueu liderando o seu cuarteto, formado
por Álvaro Vieito á guitarra, Juansi Santomé ao contrabaixo e Antón Iglesias
á batería.
CONCERTOS CENTRAIS PRAZA MASSO
JUZZ
Venres 8 de Xuño. 22:00h
JUZZ é a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, un
nome, por certo, máis relacionado, nun principio, coa escena jazzística, aínda
que non só se pode cinxir a ese xénero musical. Virxilio da Silva, ademais de
ter colaborado en numerosas gravacións e directos como «sideman» ao longo
dos últimos dez anos, é colíder de bandas como Foxy Freire (Galiza), Loiros
(Galiza), Fuzzo (Galiza) e Steel Sheep (Holanda), que reflicten a variedade
estilística na que este músico novo se sente especialmente cómodo.
Con este novo proxecto vén presentar os seus traballos máis recentes,
froito dos últimos anos de procura e experimentación, cunha música cuxas
influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até
o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stoner
rock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa
clasificación nun xénero determinado, e que aspira, por enriba de todo, a
manifestar a súa esencia subversiva.
Completan a formación Rosolino Marinello (saxo tenor), Alex Salgueiro
(órgano Hammond), Xan Campos (Rhodes), Felix Barth (baixo eléctrico), e
Iago Fernández (batería).
Antonio Lizana Group
Sábado 9 de Xuño. 22:00h
Antonio Lizana, saxofonista e cantante gaditano, expresivo, fresco,
persoal e convincente, introduce cores e sabores propios da súa terra, que
busca e consegue así unha sonoridade actual. Antonio Lizana crea un estilo
propio e novo para navegar entre o flamenco e o jazz, lonxe do
convencionalismo.
As grandes autoridades do jazz e do flamenco amósanse ante Lizana,
saxofonista, cantaor e creador de cancións; «¡Todo é impactante en Antonio!»,
descubriuse Jorge Pardo. Lamari de Chambao, asegurou que coñecelo
deixouna «muda de admiración». E Javier Ruibal «a magnífica ponte entre o
jazz e o flamenco» trazado por Antonio Lizana, «un compositor exquisito, cunha
personalidade arrolladora».
Traballou con Miguel Ríos, Chambao, Raimundo Amador, David de
María, José Mercé, Eaj, Guillermo McGill, Maita Vende Cá, Los Atlánticos,
Patáx, Manolo Carrasco.
JAM SESSIONS
Felipe Villar Trío
Venres 8 de Xuño. 00:00h. B_Living
O trío liderado polo guitarrista vigués, Felipe Villar, ofrecerá un concerto
formado por composicións orixinais dos seus últimos discos, «Home» (Free
Code Jazz Records, 2014) e «Outro» (Free Code Jazz Records, 2015). Estará
acompañado polo contrabaixista José Manuel Díaz e o baterista Max Gómez.
Sunil López Cuarteto
Sábado 9 de Xuño. 00:00h. Aturuxo bar
Sunil López, pianista vigués recén rematado o grado Profesional, segue
formándose no Seminario de Jazz de Pontevedra e na Escola Estudio de
Santiago. Como docente imparte clases de piano na Casa da Música Manuel
Omil (Bueu).
A súa banda está formada por Diego Alonso ao saxo tenor, Álex
Touceda ao contrabaixo e Héctor Agulla á batería.
Con este concerto, o público poderá desfrutar de standards de jazz e de
composicións orixinais, mostrando influencias que van dende o jazz máis
tradicional ate o máis contemporáneo, con tintes de outros xéneros, como o
rock ou a música clásica.
A enerxía da súa música e a complicidade dos seus membros serán as
claves do espectáculo.
JAZZ DE MEDIODÍA
M.G.V. Trío
Sábado 8 de Xuño (13:00). Leña Verde
Miguel González, saxofonista e compositor, é un dos xóvenes talentos
do Jazz en Galicia. A pesar da súa corta idade, colaborou nunha decena de
discos. Actualmente estrea o seu disco como líder «Diario de un Analfabeto», un
disco de Jazz que afianza a súa prematura madurez musical.
Presentará un espectáculo de jazz vibrante, tanto polo seu dominio co
instrumento, coma pola calidade da súa linguaxe. A maioría do repertorio son
composicións propias, pero tamén ten arranxos de standards.
O resto de compoñentes do trío son Brais López, na batería e Íñigo
Azurmendi ó contrabaixo.
Pablo Sanmamed Trío
Domingo 9 de Xuño (13:00). La Perfecta
Contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria
profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro,
cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.
Ten gravados 67 discos que inclúen gravacións con German
Coppini,Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Fred Frith, Banda Crebisky, Tres
Azoteas,Calos Martín, Fia na Roca, Triatone, Paraphernalia, entre outros.
Comeza a liderar o seu trío no ano 2015, co que presenta un repertorio
integrado por una maioría de composicións propias e tamén revisitacións de
compositores coma o exipcio Ibraim Al Aryan (Samai Bayati), Ariel Ramirez
(Alfonsina e o Mar), no que mesturan jazz con outras músicas. O músicos que
o acompañan son Iago Mouriño ao piano e Bruno Couceiro á batería.
En decembro deste ano publicarán o seu primeiro disco, gravado e
mesturado por Ramón Campos.