Presentación libro: «Entre los muros del olvido» de Juan de Sola
Evento xa rematado
-
Data
18 marzo, 2026
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
A Libraría Miranda organiza o mércores 18 de marzo a presentación do libro Entre los muros del olvido, de Juan de Sola. O acto terá lugar ás 19.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: este libro conta a historia de Ramón García Martínez, un home nacido nunha vila modesta de Purchena, Almería, e cuxa vida é un exemplo de loita constante pola supervivencia. Dende unha infancia marcada pola pobreza, a perda do seu pai e os duros traballos no campo, Ramón demostra unha capacidade excepcional para resistir a adversidade. Cos anos, é deportado ao campo de concentración de Mauthausen durante a Segunda Guerra Mundial, onde soporta condicións inhumanas, traballos forzados e un sufrimento físico e psicolóxico estremo. No entando, no medio do horror, unha relación sentimental prohibida e un reencontro familiar inagardado dálle novas forzas para resistir.