Xornada sobre as traídas de auga veciñais
Evento xa rematado
-
Data
18 marzo, 2026
-
Hora
6:00 pm - 8:00 pm
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu acollerá o próximo mércores 18 de marzo unha xornada sobre as traídas de auga veciñais, que terá lugar ás 18 horas.
A xornada será impartida por técnicos da empresa Rodespi, co apoio da Deputación de Pontevedra, e nela abordaranse cuestións como o Plan Sanitario da Auga, o control da calidade da auga e a toma de mostras, o mantemento das instalacións, as obrigas lehais e a documentación das comunidades, o acceso a subvencións e a resolucións de dúbidas e casos reais.