Os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo daranse a coñecer proximamente

O Concello de Bueu dará a coñecer nos próximos días as persoas gañadoras dos Premios Johán Carballeira . Así, o xurado da categoría de xornalismo, á que concorren dezanove traballos, reunirase o domingo, 18 de abril, ás 12.00 h no 2º andar da Casa do Concello de Bueu. E o de poesía, no que compiten cincuenta poemarios, xuntarase o venres, 7 de maio, ás 17.00 h.

Estes premios, que naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, tivo como gañadores na pasada edición a Marcos Abalde na categoría de poesía por Alcatrán, e na de xornalismo, Nieves Neira coa reportaxe ‘A fotógrafa revelada’, publicada no Diario de Pontevedra.