Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Os grupos de BNG e ACB aproban unha moción sobre a retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo pola afección da éolica mariña ao sector do mar

  • A proposta, presentada polo BNG, insta ao goberno español á retirada inmediata dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo e a preservar o sector pesqueiro

A corporación municipal de Bueu celebrou este luns unha nova sesión plenaria na que se aprobou unha moción sobre a retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo pola afección da eólica mariña ao sector do mar, unha proposta que contou cos votos favorables do goberno, BNG e ACB, e en contra de PP e PSOE.

A moción, que foi presentada polo BNG, insta ao goberno español á retirada inmediata dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo, a declarar a costa galega zona excluída da eólica mariña para garantir o futuro do sector pesqueiro, e a preservar o sector pesqueiro e o futuro de miles de familias que viven do mar. Tamén solicita ao Parlamento galego a que retorne ao consenso unánime de 2009, para deixar Galiza libre de eólica mariña porque esa petición segue sendo igual de válida ca antes, e insta á Xunta de Galicia a que defenda por todos os medios ao seu alcance ao sector pesqueiro galego, loitando para que toda ela estea libre de eólica mariña.

Segundo explicou Xosé Leal, voceiro do BNG e edil de medio ambiente, “estamos a favor das enerxías limpas pero non a calquera prezo, pois o mar é o noso sustento principal”. Leal mostrou o apoio ao sector do mar e ás confrarías galegas, tamén a de Bueu, que participaron na manifestación da Coruña, pois “Galiza non ten que ser sempre a sacrificada”. Elena Estévez, voceira do PP, avanzou o voto en contra do seu grupo, pois “creo que na moción se está dando unha visión de negacionismo e tamén se cae en certas contradicións, aparte de que non se propoñen alternativas nin solucións”. A popular destacou que é importante “compatibilizar os usos do mar”. Na mesma liña interveu José Manuel Vilas dende o PSOE, quen apuntou que “debería existir unha convivencia entre o sector e as novas enerxías, e temos que darlle tempo ao plan para ver como funciona”. E Julio Villanueva, voceiro de ACB e vicealcalde, apuntou que “temos a proba dos nosos veciños portugueses, que eles xa saben o dano que fai un aeroxerador preto”.

Despois de varias intervencións, Félix Juncal, alcalde da vila, pechou o debate remarcando que “non é normal que Galiza teña a maior parte do terreo cheo de eólicos, e é momento de que ese plan se aprace e que se repartan as cargas”.

Este foi o único asunto de debate nun pleno ordinario no que ademais se deron conta das resolucións de alcaldía e dos reparos de intervención.