Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O pleno da corporación aproba os festivos locais para 2020

O pleno da corporación municipal de Bueu aprobou este luns os festivos locais para o ano 2020, que serán o 16 de xullo, festividade do Carme, e o 11 de novembro, San Martiño. A proposta aprobouse cos votos do BNG, PSOE e PP, e a abstención de ACB.

Na sesión tamén se aprobou a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2018 (cos votos a favor dos grupos do BNG e ACB e as abstencións de PSOE e PP), e deuse conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal e das resolucións aprobadas desde a última sesión, ademais de comunicar a constitución da Comisión Informativa Permanente de Asuntos Xerais e da Comisión Informativa Permanente de Facenda e Especial de Contas.