O goberno de Bueu mostra o seu apoio á campaña #PediatrasXa #MatronasXa

O grupo de goberno do Concello de Bueu, conformado polo BNG e ACB, uniuse este venres á concentración telemática impulsada por un grupo de profesionais baixo os lemas #PediatrasXa #MatronasXa. O acto, que coincide co Día Mundial da Infancia, pon de manifesto os recortes devastadores que estamos sufrindo en Galiza nas áreas de pediatría e matronería, co que se vulnera un dereito fundamental dos nenos e nenas e das mulleres embarazadas: o dereito á saúde, que debería pasar por unha sanidade pública e de calidade.

Como mostra de apoio a estas reivindicacións, nas redes sociais do Concello compartiuse unha foto en branco e negro ás 12.00 h do mediodía na que o grupo de goberno mostra os brazos en X como símbolo da loita contra as políticas de recortes sanitarios da Xunta de Galicia. Segundo salienta Félix Juncal, alcalde de Bueu, “compartimos as demandas deste colectivo, sobre todo no que atinxe ao desmantelamento dos servizos públicos sanitarios nas áreas rurais”. De feito, no Concello de Bueu mantivéronse o pasado ano varias mesas da sanidade, nas que as asociacións veciñais e a corporación municipal trasladaron ao xerente da EOXI Pontevedra- Salnés as problemáticas que se producían na vila, sobre todo

O movemento prendeu no municipio de Zas, onde estiveron tres meses sen pediatra, e pronto prendeu por outros da Costa da Morte. Hai dúas semanas dirixíronse ao Concello de Bueu na busca de apoios para a defensa da atención primaria e da sanidade pública. Por este motivo, tamén teñen unha aberta unha campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org.