Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello solicita a Bandeira Azul para catro praias, as Aulas de Cabo Udra e Agrelo e o Sendeiro de Udra

O Concello de Bueu presentou este ano as súas candidaturas para obter o distintivo de Bandeira Azul para as praias de Lapamán, Portomaior, Area de Bon e Lagos, así como para a Aula da Natureza de Cabo Udra, o Centro de Interpretación de Agrelo e o Sendeiro de Udra.

Estes distintivos son concedidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) tras a valoración de parámetros como a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións.

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salienta que se trata dun ano complexo pero que a presentación desta candidatura supón revalidar as políticas de respecto polo medio ambiente e de fomento dun turismo sostible. Os resultados daranse a coñecer a comezos de maio.