Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello retira as palmeiras infectadas polo picudo

O servizo de xardinería do Concello de Bueu, co reforzo do persoal do Plan de Emprego, proceden á retirada das palmeiras do paseo de María Eugenia, que se atopaban afectadas polo mal do ‘picudo’. Félix Juncal, alcalde da vila e encargado da área de obras e servizos, destaca que tamén se acabará de retirar a situada en Portomaior, da que xa se eliminara a copa.

Despois da retirada por parte dos xardineiros e xardineiras municipais, o Concello dará traslado das palmeiras a unha planta especial para a xestión deste tipo de residuos.

Por outra banda, no marco das liñas de traballo estipuladas para as próximas semanas, o Concello levará a cabo unha actuación para acondicionar e axardinar unha das rotondas do Polígono Empresarial de Castiñeiras, que se unirá á outra xa lista dende hai anos