Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello remata a colocación dos estantes móbiles no Arquivo Municipal

O Concello de Bueu culminou esta semana coa colocación dos estantes móbiles no Arquivo Municipal de Cela, que permitirá acoller arredor de 4.000 caixas e mellorar o estado de conservación da documentación. Esta actuación foi acometida pola empresa Eun Sistemas SL, cun orzamento de 18.514,82 euros, IVE engadido, que se financian con cargo a unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Na visita realizada este martes, Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Alberto Moital, edil de patrimonio, arquivo e bibliotecas, comprobaron este novo espazo, no que se dará cabida a toda a documentación en papel pendente de recibir dos diferentes servizos municipais, que responderá ás expectativas do volume de documentación en soporte papel dos próximos anos, coa diminución prevista pola implantación da Administración electrónica, e incluso aumentará a capacidade do arquivo actual.

Os estantes fixos e móbiles están montados sobre unha plataforma para instalación de caixas de arquivo de 120x386x277 mm. O conxunto ten unha capacidade mínima equivalente a 4200 caixas, segundo a documentación técnica.