Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello recibiu ao CD Bueu polos polos últimos éxitos deportivos acadados

O Concello de Bueu organizou este venres, 14 de xuño, un recibimento ao Club Deportivo Bueu, para darlle os parabéns aos/ás deportistas que veñen de acadar diversos éxitos no eido futbolístico. No acto, celebrado no Centro Social do Mar, estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu e os concelleiros Xosé Leal, Martín Villanueva, Ana Isabel Otero e Macu Rodríguez.

O alcalde salientou a actividade do club que “é quen de facer que o deporte brille en Bueu e que cada ano se consigan novas metas” e por iso lles desexou que “siga medrando”. No acto fíxose entrega dunhas medallas personalizadas a cada xogador/a. Así, o Concello recoñeceu a Antonio Buceta López, Nicolas Caiño Villanueva, Daniel Malvar Rodas, Jose Miguel Martínez Vizoso, Xian Otero Pesqueira, Unai Parada Pastoriza, Iago Pastoriza Gallego, Oliver Pastoriza Leal, Kevin Pastoriza Leon, Saul Pereira Marcial, Adrián Piñeiro Estévez, Hugo Piñeiro Otero, Marcos Rios Martínez, Mario Silva Sánchez e Óscar Veiga Rey (adestrador), polo ascenso a primeira categoría de alevíns. Debido ao ascenso a primeira autonómica do grupo de Pontevedra foron homenaxeados Jose Luis Crujeiras Entenza (delegado), Jose Manuel Ferreira Ferradás (primeiro adestrador), David Portela González (segundo adestrador), Pablo Agulla Miranda, Aaron Barcia Otero, Daniel Fariña Muinelo, Javier Freire Moldes, Alejandro García Figueroa, Marcos González Otero, Francisco Jose Graña Lobeira, Miguel Lozano Veiga, Andres Alejo Martínez Gil, David Menduiña Pastoriza, Alejandro Moledo Riveiro, Pablo Nogueira Portela, Diego Patiño Santos, Tomas Perez Loveira, Eloy Piñeiro OteroMauro Rodríguez Cabanelas, Joao Francisco Silva Malheiro e Isaac Vázquez Freire. Por último, recoñeceuse a Nicolas Burgos Villanueva, Rubén Gil Calviño, Julián López Rodal, Oliver Miranda Freire, Yerai Otero Nogueira, Miguel Rosales Menduiña, Sabela García Parada, Xoán Parada García e Eva Otero Pastoriza (adestradora), polo título de Campións de Liga e Copa Biberón Reibón tempada 2018-2019