Félix Juncal Novas é nomeado alcalde do Concello de Bueu

Félix Juncal Novas (BNG) foi nomeado alcalde para o mandato 2019-2023. O acto de toma de posesión do cargo e de constitución da corporación celebrouse este sábado, 15 de xuño, ás 11.00 h. O alcalde contou co voto a favor do BNG e de ACB-SON.