Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello instala luminarias led no camiño lateral do Cemiterio Municipal de Bueu

  • Ademais, o alcalde ditou un bando coas normas a respectar nos cemiterios municipais para prever a Covid-19 nestes días previos a Defuntos e Todos os Santos

Félix Juncal, alcalde de Bueu, realizou este xoves unha visita aos cemiterios municipais para comprobar as labores de mantemento que se están levando a cabo os operarios da brigada de obras e servizos municipal, de cara ás festividades de Defuntos e Todos os Santos. O rexedor, que se encarga da xestión das obras e servizos, destaca que no camiño lateral do Cemiterio Municipal de Bueu se instalaron un total de sete proxectores tipo LED, que permitirán contar con iluminación nese lugar nestes días e durante o resto do ano, tal e como demandaban moitos veciños e veciñas.

Ademais, de cara a estes días nos que se agardan moitas visitas aos cemiterios, o alcalde ditou un bando coas normas de utilización dos camposantos de Bueu, Cela, Beluso e Ermelo, que se adaptan ás medidas anti-Covid da Consellería de Sanidade. Así, lémbrase que a cidadanía deberá respectar todas as pautas de seguridade e hixiene (uso obrigatorio de máscara, distancia interpersoal e utilización de xel hidroalcólico), e as visitas deberán ser dun máximo de trinta minutos, evitando xuntarse máis de catro persoas.

O alcalde recomenda que os cemiterios se visiten nos días previos a estas festividades para evitar aglomeracións. En todo caso, tamén se deron indicacións á Policía Local para que vixíe o cumprimento destas medidas e controle o tráfico nos viais de acceso.