Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu remata o saneamento na aldea de Ermelo

  • Proximamente, comezarase co proceso de licitación das obras de abastecemento e saneamento en Montemogos – Vilar e Castrelo

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Álvaro Otero, capataz da brigada de obras e servizos municipais, visitaron esta mañá as obras de ampliación de saneamento que se están levando a cabo na parte alta da aldea de Ermelo. Con esta actuación, na que se instalarán máis de 500 metros lineais de tubaxe, xa queda rematado o saneamento de toda a aldea.

A continuación, os operarios municipais continuarán coa actuación de saneamento e abastecemento que se está levando no Camiño de Sobalo, na parroquia de Beluso, que se comezou a principios de ano e que houbo que interromper ata contar coa autorización sectorial de Augas de Galicia.

Estas obras forman parte da renovación de servizos básicos no rural, e por iso tamén se iniciará proximamente o proceso de licitación das obras de abastecemento e saneamento nas zonas de Montemogos-Vilar (Beluso) e en Castrelo (Cela), que se farán con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, que supoñen un investimento total de preto de 100.000 euros.