Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu realiza actuacións de conservación de mobiliario urbano e espazos públicos

  • Estes traballos, que están sendo acometidos pola Asociación Juan XXIII de Cangas, contan cunha subvención da Deputación de Pontevedra

Un grupo de persoas dos talleres ocupacionais da Asociación de Persoas Con Discapacidade Intelectual Juan XXIII de Cangas comezou esta semana cos traballos de reparación, conservación e mantemento de mobiliario urbano e espazos públicos no Concello de Bueu. O proxecto, cun orzamento de 12.666,81 €, IVE incluído, consta de limpeza das marquesiñas, baldeos periódicos de prazas e parques, beirarrúas e rúas peonís, e de reparación de mobiliario urbano como bancos e papeleiras.

Estes traballos contan cunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, concretamente no marco do Plan Concellos 2019 (liña 2, gasto corrente novo) e favorece a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.