Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu elixe o gañador do Concurso de Carteis do Entroido 2019

  • O xurado reuniuse este luns e escolleu o deseño do moañés Roque Portela, que será premiado con 300 euros, ademais de ser a imaxe do Entroido deste ano na vila

O Concello de Bueu xa ten cartel de Entroido, despois de elixir gañador o deseño do moañés Roque Soage Portela, “pola súa composición, calidade técnica e impacto visual”, segundo destacou o xurado composto polo deseñador gráfico Juan Barcia Ferrer, a gañadora do pasado ano, Beatriz Sieiro Caramés, e actuando como secretario o funcionario municipal José Francisco Budiño Pereira.

O cartel ofrece unha nova visión do personaxe do Paxaro de Mal Agoiro e incorpora elementos icónicos do Concello, como a Cruz de Ermelo ou o faro da Illa de Ons.

O gañador, que foi elixido entre un total de trinta carteis presentados, farase cun premio dotado con 300 euros e será a imaxe elixida para ilustrar a campaña de publicidade do Entroido de Bueu deste ano.

O xurado estivo conformado por Beatriz Sieiro, Juan Barcia (ambos na foto) e José Francisco Budiño