Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu pavimenta un camiño no entorno da Recta do Peón, en Beluso

  • Esta obra forma parte do plan de mellora que se está levando a cabo nos espazos públicos do rural

Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou as obras de pavimentación que se levaron a cabo no vial que vai da Recta do Peón á Rúa Nova de Abaixo, en Beluso, e nas que se investiron preto de 9.000 euros, con cargo a fondos municipais.

Os traballos, que foron acometidos pola empresa Nemesio Ordóñez SA, consistiron na limpeza e desbroce dunha zona de 100 metros lineais, e o subministro, estendido e compactado dunha mestura bituminosa en quente.

O rexedor salienta que o asfaltado deste camiño enmárcase no plan de mellora das infraestruturas e espazos municipais. Na parroquia de Beluso puxéronse en valor nos últimos meses varias fontes e lavadoiros, como a da Fontenova e Lago Mansiño, en Montemogos, ou a de Requeixo, no lugar de Vilar. O obxectivo é, pois, seguir incrementando os servizos básicos do rural.