O Concello de Bueu organiza unha charla de desfibriladores para os clubs deportivos
Este mércores, 23 de maio, a concellaría de deportes convoca a todos os clubs deportivos da vila a asistir a unha charla na que os monitores deportivos municipais explicarán o funcionamento dos desfibriladores, de cara a previr acontecementos inesperados. O acto desenvolverase ás 20.45 h no Pavillón Municipal Pablo Herbello.
A comezos de xullo, e en palabras do edil nacionalista, Manolo Otero, organizarase outra conferencia para dar a coñecer estes aparatos destinada ao público xeral, para que se poida coñecer como actuar en situacións de emerxencia.
Por último, co obxectivo de implicar a toda a poboación, é probable que de cara ao curso que vén levaranse estas charlas aos centros educativos da vila.