Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu leva a cabo o adecentamento do parque de Achadiza e da contorna

O Concello de Bueu continúa co plan de limpeza nos espazos públicos municipais, e esta semana acometeu o adecentamento do parque infantil de Achadiza e da contorna. Os traballos consistiron na limpeza do chan e dos elementos do parque, así como a poda das árbores da zona, e das escaleiras que van dende a estrada autonómica ata o núcleo veciñal.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, visitaron esta semana a zona xunto ao xardineiro municipal, e fixeron fincapé na importancia destes traballos, que manteñen os espazos que son utilizados pola veciñanza en bo estado.  

Na mesma zona, as persoas da Asociación Juan XXIII levaron a cabo os traballos de limpeza e mantemento do lavadoiro e da fonte, unha actuación que forma parte da liña de acción do goberno local nestes espazos de convivencia social.