Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu continúa coa analítica das fontes públicas

A concelleira de sanidade de Bueu, Teresa López, continúa levando a cabo os pertinentes controis das augas das fontes públicas. Os últimos informes avalan que a Fonte do Cura, a de San Martiño (Carrasqueira) a da Vila, a do Sobalo, a Fonte Nova, a Laxiñas, a Victoria, a da Casela, a do Reducio, a da Pena, a do Ramal dos Galos, a da Gándara, a dos Pescadores, a da Cabreira, a de Sanamedio, a de Udra e a da Barca son aptas para o consumo.

Estas analíticas vanse seguir realizando co obxectivo de que a veciñanza poida coñecer a salubridade de cada un destes espazos nos diversos momentos.