Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu continúa coa analítica das fontes públicas

A concelleira de sanidade de Bueu, Teresa López, continúa levando a cabo os pertinentes controis das augas das fontes públicas. Os últimos informes avalan que a Fonte do Cura, a do Igrexario, Quintáns, Gándara, Laxiña, Barca, Sobalo, Abilleira, Canibelos, e a da Fonte Nova, son aptas para o consumo.

Estas analíticas teñen por obxectivo que a veciñanza poida coñecer a salubridade de cada un destes espazos nos diversos momentos.