O Concello de Bueu celebrou este domingo o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro
O Concello de Bueu organizou este domingo, 3 de marzo, o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, co que se pon remate ao Entroido na vila. Cunha tarde na que a chuvia fixo acto de presenza, a comitiva saíu ás 17.00 h da rúa Montero Ríos, pasando polas rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao e culminando na praia da Banda do Río coa queima do paxaro, elaborado para esta ocasión polo artista local Tino Resille.
No desfile participaron unha vintena de colectivos e persoas, e o xurado estivo conformado por Belarmino Barreiro, en representación do Concello de Bueu, Laura Ogando, concelleira do BNG, Elena Estévez, voceira do PP, Isabel Quintás, concelleira do PSOE e tenente de alcaldesa, Pablo Portela, da Asociación Veciñal A Morada de Meiro, e Eva Juncal, da Asociación Cultural Costumes de Cela.
Os premios foron os seguintes:
Individuais
1º premio, 80 €: Sandra Pérez Souto
2º premio, 50 €: María del Mar García Soage
Parellas
Desertos
Agrupacións de entre 3 e 15 compoñentes
1º premio, 100 €: Estrellas del Póker
2º premio, 80 €: Rex-pectaculares
Agrupacións de máis de 15 compoñentes
1º premio, 250 €: A sociedade da neve
2º premio, 175 €: Espaciales
3º premio, 100 €: Asociación Cultural Amigos dos Rapaces
Comparsas de Bueu
1º premio, 150 €: Os do Pinsel
2º premio, 100 €: Os Kantaklaro
3º premio, 75 €: Murga Tinta Femia
4º premio, 50 €: As Faltriqueiras