Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre o prazo para as subvencións culturais do ano 2018

  • O Concello repartirá 30.000 euros para asociacións culturais e escolas de música
  • O prazo de presentación é de 15 días naturais, é dicir que remata o 26 de decembro

O Concello de Bueu abre o prazo para a solicitude das subvencións destinadas a promover e fomentar actividades culturais así como as escolas de música, para o ano 2018. O prazo de presentación esténdese ata o 26 de decembro, e en total repartiranse 30.000 euros. Tal e como se estipula nas bases, haberá dúas liñas: unha para actividades culturais e outra para o funcionamento das escolas de música. Poderán solicitalas as persoas xurídicas que se atopen inscritas no rexistro de asociacións ou estean en trámites, carecer de fins de lucro, ter o domicilio social e desenvolver as súas actividades no ámbito territorial de Bueu, realizar actividades de interese cultural no ámbito do municipio, e representar estes o principal eido da asociación, non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas públicas, estar ao corrente das obrigas tributarias, cumprir os requisitos da Lei de Subvencións.

As solicitudes deberán presentarse unicamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Bueu, acompañadas da documentación requirida e que se detallan nas bases, as cales se poden consultar a continuación.