Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre o prazo para a bolsa de emprego da Oficina de Turismo

  • As persoas interesadas en participar no procedemento selectivo deberán entregar a solicitude antes do 24 de xuño

O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para o procedemento selectivo de cara á creación dunha bolsa de emprego para o persoal da Oficina de Turismo, que estará aberto ata o próximo 24 de xuño. As persoas que dispoñan de titulacións como Ciclo superior de guía, información e asistencia turísticas, Certificado de profesionalidade de promoción turística e información ao visitante, e o Grao en Turismo ou equivalente, poderán presentar a solicitude e realizar as probas selectivas.A contratación deste persoal estará subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de axudas para a dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas adheridas á Rede de Oficinas de Turismo «Info Rías Baixas».

A bolsa de emprego terá unha vixencia de catro anos e entre as funcións do posto estarán as de asesorar e informar aos/ás turistas no punto de información, guiar e asistir ás persoas respecto de visitas ou traslados, fomentar o respecto pola riqueza e o patrimonio natural e cultural e atender continxencias ou imprevistos que poidan xurdir. Tal e como se establece nas bases, esta contratación conta cunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra.

O proceso selectivo consistirá na realización de dúas probas teóricas de carácter obrigatorio e eliminatorio. Na primeira terase en conta o temario contido nas bases: a Lei 7/2011 de Turismo de Galicia, as Rías Baixas, espazos naturais e protexidos do Concello de Bueu, o Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas, rueiro do Concello, praias, o Museo Massó, centros de interpretación, principais eventos e festas de Bueu e medios de transporte. A segunda é un exercicio relacionado co coñecemento do idioma galego, a través da tradución dun texto do castelán ao galego.

A continuación podedes descargar as bases e a solicitude de participación: