Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar na Aula de Música

  • As persoas interesadas poden anotarse entre o 18 de agosto e o 1 de setembro nas modalidades de solfexo, piano, canto e música activa
  • As clases, que están abertas a todas as idades, desenvolveranse do 12 de setembro de outubro ata o verán do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil

A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar nas clases do vindeiro curso, que se desenvolverán entre o 12 de setembro e finais de xuño do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil, situada no Valado. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, canto e música activa e as inscricións poderán entregarse desde o 18 de agosto e o 1 de setembro ás 23.59 h, de dúas formas: achegando a solicitude por Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica (para o que é preciso contar con certificado dixital).

En total ofértanse 76 prazas e os criterios de admisión son: estar empadroado/a no Concello de Bueu, e ter asistido á Aula Municipal de Música en anos anteriores na modalidade na que se inscriba. A praza será reservada por orde de entrada no Rexistro Municipal e o alumnado de novo ingreso deberá comezar nas modalidades básicas.

As persoas que desexen máis información ou aclarar dúbidas poderán facelo de forma presencial na Casa da Música os martes e xoves, de 9.30 a 13.00 0 h, ou no teléfono 686474775 (Rosa Cerviño).