Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello continúa co ‘Concilia Bueu’ durante o mes de agosto

O Concello de Bueu continúa durante o mes de agosto co programa ‘Concilia Bueu’, unha iniciativa na que participarán un cento de nenos e nenas 3 a 12 anos durante que goza diversas actividades lúdicas e deportivas. Despois dun mes de xullo con actividades culturais dirixidas por Risotadas, o Bueu Atlético Balonmán será o encargado de impartir esta segunda fase na que a rapazada gozará de deporte e outras actividades durante as mañás de luns a venres en horario de 8 a 14 horas.

Segundo informan dende o club, a entrada será dende as 8.00 ata as 10.00 h no Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu. Despois organizaranse actividades propias relacionadas cos xogos olímpicos e os seus deportes, e entre as 13.45 e as 14.00 h será a recollida dos nenos e nenas participantes polos seus pais ou titores legais.

Este programa social, financiado integramente polo Concello de Bueu, ten por obxectivos favorecer a conciliación laboral e familiar, e ofrecer unha alternativa de lecer para as pequenas e pequenos despois do remate do curso escolar. Por iso, ao igual ca no pasado ano, o programa será de balde para as familias, asumindo o Concello a totalidade do custe do mesmo.

Toda a información do Concilia Bueu no mes de agosto aquí: