O Concello clausura o programa «Concilia Bueu» no que participaron un cento de nenos e nenas
- O proxecto constou de obradoiros culturais e deportivos durante todas as mañás dos meses de xullo como agosto
Ana Isabel Otero, concelleira de benestar social e igualdade, participou este mércores, 31 de agosto, no clausura do “Concilia Bueu”, no que cen nenos e nenas nados entre 2010 e 2018 gozaron dun programa lúdico cultural e deportivo durante os dous meses do verán, e que permitiu favorecer tamén a conciliación laboral e familiar durante a tempada estival.
O programa desesenvolveuse dende o 1 de xullo por parte da empresa de lecer Risotadas, que ofreceu actividades baixo o paraugas da arte, mentres que en agosto foi a cargo do club local Bueu Atlético Balonmán, que preparou obradoiros arredor do Camiño de Santiago e do Xacobeo.
Como en anos anteriores, o Concello de Bueu facilitou este programa de forma gratuíta xa que, segundo destacou a concelleira da área, “é un proxecto moi necesario que pretende axudar á conciliación das familias nestes tempos tan complexos”. Ademais, e como novidade, nesta edición contouse por primeira vez con monitores e monitoras con especialidade na atención a necesidades especiais, unha iniciativa pola inclusión de todos os nenos e nenas e que xa se implementou noutras actividades.
Os diversos obradoiros culturais, artísticos e deportivos tiveron lugar en varias localizaciónss, concretamente no CEIP Plurilingüe A Pedra infantil e primaria e no Pavillón Municipal Pablo Herbello.