Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello celebrou este luns unha concentración silenciosa contra as violencias machistas

O Concello de Bueu celebrou este luns unha concentración silenciosa en contra das violencias machistas. Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, leu unha declaración institucional, e a continuación interviu Iria, unha rapaza estudante que reclamou a necesidade de acudir ás rúas para defender os dereitos das mulleres. Ao acto, no que se gardou tamén un minuto de silencio pola memoria das mulleres asasinadas este ano, asistiron o alcalde da vila, Félix Juncal, a concelleira de benestar social, Macu Rodríguez, a edil de medio ambiente, Tamara Sotelo, e o de urbanismo, Martín Villanueva, amais de profesorado e alumnado dos centros educativos.

A continuación podedes ver a declaración institucional á que se deu lectura: