Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello celebrou este luns a Mesa Local de Comercio

  • Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, presidiu esta xuntanza na que se deu conta dos proxectos de dinamización comercial da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos e de ACIBU

O salón de plenos da Casa Consistorial acolleu este luns a Mesa Local de Comercio, que estivo presidida por Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e na que participaron representantes dos grupos políticos municipais, amais da Asociación da Praza de Abastos e da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU).

A mesa serviu para informar sobre os proxectos de dinamización comercial das dúas entidades comerciais, e como trámite imprescindible para solicitar as subvencións da Xunta de Galicia destinadas a comerciantes comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.

Ademais, aprobouse a acta da sesión anterior, e a concelleira informou sobre a inminente liña de subvencións ao comercio que o goberno local vai aprobar nas próximas semanas e que consisten en axudas directas e en bonos, para as que se destinarán fondos propios e da Deputación de Pontevedra.