O Concello abre o prazo para as subvencións deportivas do ano 2018

  • O Concello repartirá 29.500 euros entre os clubes e asociacións deportivas da vila

O Concello de Bueu abre o prazo para que os clubes e asociacións soliciten subvencións de actividades deportivas no ano ano 2018. As bases, cuxo extracto se publicou no Boletín Oficial da Provincia este martes, 12 de novembro, establecen un prazo de 15 días naturais, é dicir ata o 27 de novembro.

Poderán solicitar as subvencións as entidades e asociacións deportivas validamente constituídas, sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio social en Bueu e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello ou que polo menos teñan feita a solicitude para este rexistro en data anterior ao remate do prazo de presentación destas subvencións.

Entre as entidades participantes repartiranse un total de 29.500 euros. As solicitudes deberán presentarse unicamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Bueu.

Desde o goberno confirman que nas próximas semanas se aprobarán tamén as bases das axudas para os colectivos que realicen actividades culturais.

As bases completas e os modelos de solicitude poden descargarse nas ligazóns inferiores:

FASE SOLICITUDE

FASE XUSTIFICACIÓN