Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O aparcadoiro de As Lagoas acollerá o 5 de novembro un mercado mariñeiro

  • O evento celebrarase no aparcadoiro de As Lagoas entre as 11 e as 20 horas e será un escaparate para coñecer tamén novos proxectos
  • Continúa aberto o prazo de inscrición para os establecementos comerciais ou gastronómicos que desexen instalar un posto nesta feira

O Concello de Bueu, a través da concellaría de promoción económica e turismo, organizará o próximo domingo 5 de novembro un mercado mariñeiro no aparcadoiro de As Lagoas, espazo no que diversos establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos de temática relacionada co mar.

Co obxectivo de seguir potenciando a historia, a cultura e a gastronomía mariñeira, Silvia Carballo, concelleira da área, salienta que “esta iniciativa xorde para dinamizar tamén o comercio e a hostalaría da vila”. Así, en As Lagoas situarase entre as 11 e as 20 horas unha carpa con postos diversos de venda de produtos de temática mariñeira, e haberá tamén un espazo gastronómico para que as persoas que o desexen poidan comer alí. O que se pretende, pois, é ofrecer un plan para compartir en familia, a través de degustacións, presentacións de proxectos e charlas, actuacións musicais e tamén actividades para a cativada.

Dende o Concello lémbrase que continúa o prazo aberto para que os establecementos comerciais ou gastronómicos que o desexen poidan inscribirse no mercado, para o que tan só é necesario que envíen un correo electrónico a silvia@concellodebueu.gal. O Concello de Bueu leva anos apostando pola dinamización do comercio e a hostalaría local, e polos hábitos saudables. De aí que este mercado entronque coas feiras ecolóxicas e artesanais que se organizan dende hai máis dunha década e que contan con gran acollida entre a poboación. Ademais delas, hai anos puxéronse en