Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O alcalde visitou este xoves ao alumnado do CEIP A Pedra

  • Un grupo de rapaces e rapazas de 2º e 3º de primaria recibiron no centro ao alcalde e á concelleira de educación

Os rapaces e rapazas de 2º e 3º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra recibiron este xoves pola mañá a visita do alcalde de Bueu, Félix Juncal, e da concelleira de educación, Teresa López, que acudiron para coñecer o traballo levado a cabo durante o curso educativo arredor do funcionamento municipal. O alumnado, guiado polas profesoras titoras, elaborou un dossier coa investigación sobre o goberno local, a vila e as súas festas e praias, etc.

O alcalde tivo a oportunidade de ver de primeira man os traballos e de asinalos para facer a entrega hoxe aos pequenos e pequenas no centro. Durante o acto, conversou co alumnado, ao que trasladou que “é importante achegar o funcionamento do Concello ás escolas”.

Ao longo deste curso, o alcalde e os concelleiros/as tiveron a oportunidade de recibir a visita de varios grupos de rapaces e rapazas dos centros educativos da vila, cos que compartiron as experiencias de goberno co fin de exteriorizar as labores do Concello á sociedade. A este respecto, Juncal declara que “compartir momentos cos máis cativos e cativas dáme unha gran alegría e esperanza”.

Visita CEIP A Pedra