Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Nova edición do programa formativo para a IXP Ribeiras do Morrazo

Dende o 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo o entre os meses de marzo a xuño deste ano.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, está a desenvolver un proceso de dinamización do sector vitivinícola na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.

Esta iniciativa ven a continuar o traballo do GDR, para acadar o recoñecemento da calidade destes viños.

Nos anos 2017 e 2018 púxose en marcha un programa formativo de carácter práctico, para impulsar a participación activa dos axentes implicados na articulación da citada indicación xeográfica protexida Viños do Morrazo, cun enfoque eminentemente ascendente. Para isto, realizouse unha proposta de traballo que conxugou accións formativas diversas para reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, así como a súa profesionalización e capacitación técnica, fortalecendo deste xeito á propia figura de protección da calidade.

Nesta anualidade 2019, preténdese continuar a formación cunha proposta que afonda nas boas prácticas na viticultura e enoloxía, con referencias a modelos de viticultura integrada e/ ou ecolóxica e explorando actuacións de carácter colaborativo entre as propias IXP de viño de Galicia e de funcionamento cooperativo.

Máis información aquí.