MERCADO ECOLÓXICO E ARTESANAL
O vindeiro 28 de novembro celebrarase unha nova edición do mercado ecolóxico e artesanal no aparcamento de As Lagoas.
As persoas interesadas en participar como expositoras no mercado deberán presentar a súa solicitude, xunto coa documentación complementaria establecida nas bases reguladoras ata o 16 de novembro, incluído.
As solicitudes presentaranse:
No caso de persoas físicas: a través do Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal a través do procedemento de instancia xeral, á que se engadirá o modelo de solicitude correspondente e a documentación complementaria.
No caso de persoas xurídicas: a través da sede electrónica municipal a través do procedemento de instancia xeral, á que se engadirá o modelo de solicitude correspondente e a documentación complementaria.
Para poder participar como expositor haberá que pagar unha taxa de 25,44 €.
Máis info no 986390029 ext. 4. ou a través do correo aedl@concellodebueu.gal.
COMO AUTOLIQUIDAR TAXA MERCADIÑO DE FORMA TELEMÁTICA
O Concello de Bueu amplía ata o 19 de novembro o prazo para a presentación de solicitudes do Mercado Ecolóxico e Artesanal.