Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

«Zúmballe ao Nadal»

Evento xa rematado

A concellaría de deportes pon en marcha “Zúmballe ao Nadal”, un programa co que se ofrecerán clases de zumba gratuítas que se levarán a cabo na piscina municipal das Lagoas entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro. Este programa, que ten como obxectivo continuar coa promoción de hábitos saudables entre a cidadanía, será impartido por Susy Alonso Figueroa e desenvolverase os luns, mércores e venres en horarios de 17.30, 18.30 e 19.30 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, e 5 de xaneiro, nos que se poderán seguir as clases pola mañá, concretamente ás 10, 11 ou 12 horas.

Os grupos serán reducidos e as persoas que desexen participar poderán inscribirse para cada día nas instalacións da piscina ou chamando ao 986138689 no seu horario de apertura: de luns a venres de 9 a 12 horas e de 17 a 21 horas, e os sábados, de 9 a 12 horas.